TEST BORRADO, QUIZÁS LE INTERESE: Unha verdade amarga. Léxico-1
COMENTARIOS | ESTADÍSTICAS | RÉCORDS |
---|
REALIZAR TEST
Título del Test:
Unha verdade amarga. Léxico-1 Descripción: Atine co significado correcto da palabra que se destaca da novela de Celia Díaz. Autor:
Fecha de Creación: 30/03/2018 Categoría: Letras Número Preguntas: 20 |
COMPARTE EL TEST
Comentar
No hay ningún comentario sobre este test.
Temario:
Nogueira. "O avogado acariñou cos ollos as pezas da escribanía de prata que adornaban a gran mesa de nogueira do país". árbore de madeira apreciada que dá noces importante fábrica de mobiliario do país apelido do avogado. Loura. "Ao seu lado, unha muller loura, vestida coa elegancia estándar das tendas de Inditex". que ten o cabelo castaño tirando a dourado que ten a pel escura e con pencas que ten unha face ríspeta. Hostilidade. "O avogado continuou, indiferente á hostilidade da muller". actitude adversa, animadversión hospitalidade actitude atenta. Ateigado. "Estaba afeito a oír de todo naquel despacho ateigado de libros". completamente cheo baleiro estrado. Aceno. "Moveu a cabeza cun aceno afirmativo". xesto movemento compulsivo movemento de ollos. Aceso. "O seu ordenador mantíñase aceso, mais non era un aparello que empregase demasiado". acendido apagado en estado de aforro enerxético. Trato. "Vive aquí cunha filla, mais non temos ningún trato". relación poder notarial pacto oral ou escrito. Bufete. "O avogado tomaba anotacións nun folio coa cabeceira do bufete". despacho de avogados caderno especial para notas libreta de deseño personalizado. Toquear. "Aurelio Salgado toqueaba sentado nunha cadeira de brazos". dar cabezadas co sono tamborilar cos dedos seguir un ritmo cos pés. Guindar. "O rapaz guindou a mochila sobre o sofá e achegouse ao home". tirar, lanzar pousar con moito coidado pór un obxecto encol doutro. Esmorecido. "Pola ventá coábanse as últimas raiolas dun sol xa esmorecido de outono". amortecido morno oblicuo. Sinuosas. "Bombas a punto de estoupar, sinuosas escaleiras sen fin, plataformas colgadas do abismo, saltos vertixinosos...". retorcidas, tortuosas escorregadizas, esvaradías vernizadas ou lacadas. Refulxir. "Ignorante da alarma que refulxía nos ollos da filla". brillar con intensidade saltar coma muxicas quedar estantío. Bastardo. "E acabou case esquecéndose daquel bastardo que agora descobre tan próximo". fillo ilexítimo fillo pouco educado fillo tardo, lento, pousón. Catequese. "Enredaran no patio da escola ou nas horas de catequese". catecismo, ensinanza da doutrina instrución paramilitar horas de estudo libre. Treboada. "Unha ameaza, coma unha escura nube de treboada, abátese sobre a súa familia". trebón, temporal discusión familiar forte ameaza de divorcio. Degrañar. "Devagariño, ía degrañando para o neto recordos da aldea". debullar, degraer; fig.: relatar os recordos como tirándoos gran a gran contar historias tristes contar historias en anacos sen sentido. Rabil. "Dándolle ao rabil cunha man mentres coa outra termaba de que a tea non esvarase e as puntadas saísen dereitiñas". manivela aparello para axotar moscas dar ao rabil: 'xesticular coas mans'. Alfándega. "Logo viña o paso da alfándega onde había que abrir a equipaxe". aduana porta de embarque mostrador de facturación de equipaxe. Enxiva. "Sorría amosando os dentes pequeniños, xa próximos ás enxivas, pero coa dentadura completa". carne que recobre a base dos dentes óso maxilar inferior óso maxilar superior. |
Denunciar Test